xoves, 14 de xaneiro de 2021

MONTAXE DUN ESCORNABOT NA BIBLIOTECA (2º SESIÓN)

O xoves, 14 de xaneiro, o alumnado de 5º E.P. tivo a segunda sesión de formación para completar os pasos para montar o escornabot.

A xuntanza foi na biblioteca coa mestra Bea, compoñente do equipo de biblioteca e coordinadora da actividade. 

A sesión empezou cun dos pasos máis importantes: 

colocar a placa da botonera e os botóns. 

E xa estamos no último paso:
colocar as rodas!
Unha vez rematado o proceso, o alumnado puido comprobar o resultado do seu esforzo. 
E con moita ilusión e imaxinación  executaron as secuencias de movemento para desfrutar "escornaboteando".

Ningún comentario:

Publicar un comentario