O xoves, 12 de novembro, o alumnado de 5º E.P. tivo a súa primeira sesión de formación sobre a montaxe dun ESCORNABOT.
A xuntanza foi na biblioteca, onde a mestra Bea, coordinadora da actividade, encamiñounos na construción do robot.
E aquí empeza a aventura...
2. Utilizando o multímetro, comprobaron que os botóns están ben soldados.
3. Despois, comezaron a montar o chasis do escornabot, atornillando o soporte dos motores.
4. A continuación, chantan o soporte da batería.
5. Agora, toca atornillar o soporte da electrónica.
6. O chasis está casi completo, é hora de colocar o controlador.
7. Agora, atornillan o soporte da roda.
8.- Chega un dos pasos máis importantes: colocar a placa da botonera e os botóns.
CONTINUARÁ...
Ningún comentario:
Publicar un comentario