venres, 8 de abril de 2022

RECREOS NA BIBLIO



No espazo fedelleiro da biblioteca está, entre outros, o recuncho de Biblioteca Creativa

Nos recreos da mañá o alumnado achégase para fedellar e divertirse cos escornabots. 


Aquí tedes un resumo do 2º trimestre.

ESCORNABOTS NO BARROCO

O alumnado de 4º E.P. deseñou e creou un taboleiro para os Escornabots que trata sobre o Barroco, estilo artístico escollido para traballar este curso no PDI "E ti que pintas?"

Hai dous pequenos visitantes na aula de 4º que lles van axudar, de xeito diferente, ameno e divertido a repasar o aprendido: pintores, obras e escolas do Barroco.
Premendo na imaxe, accederás ás fotos da realización do taboleiro. 

luns, 4 de abril de 2022

ReCreo STEAM

No mes de marzo, houbo un obradoiro de STEAM na biblioteca impartido por Aurelia, a nosa directora, compoñente do equipo de biblioteca e coordinadora de Biblioteca Creativa. 

STEAM é o acrónimo de Ciencia, Tecnoloxía, Inxeñería, Arte e Matemáticas. Integra habilidades claves na educación do século XXI: Pensamento Crítico, Comunicación, Colaboración e  Creatividade. 


A actividade tivo carácter voluntario e realizouse nos recreos da mañá, na biblioteca. 

Premendo en cada unha das  imaxes, accederás á actividade realizada por cada curso.
1º2º E.P.
3º E.P.
4º E.P.
5º E.P.
6º E.P.
Fixeron a actividade na aula relacionándoa co PDI.
Obra: "O fusilamento do 2 de maio" ( Goya)