Amosando publicacións coa etiqueta alumnado 5º E.P.. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta alumnado 5º E.P.. Amosar todas as publicacións

venres, 19 de marzo de 2021

TABOLEIRO PARA ESCORNABOT

O alumnado de 5º E.P. está moi ilusionado co proxecto Biblioteca Creativa. Xa montaron os catro escornabots e agora, tomando como punto de partida o tema anual "Facemos camiños", están realizando os debuxos para  elaborar o primeiro taboleiro.

E aquí están coa mestra Bea, compoñente do equipo de biblioteca e coordinadora da actividade, escollendo temas para elaborar máis taboleiros.

xoves, 14 de xaneiro de 2021

MONTAXE DUN ESCORNABOT NA BIBLIOTECA (2º SESIÓN)

O xoves, 14 de xaneiro, o alumnado de 5º E.P. tivo a segunda sesión de formación para completar os pasos para montar o escornabot.

A xuntanza foi na biblioteca coa mestra Bea, compoñente do equipo de biblioteca e coordinadora da actividade. 

A sesión empezou cun dos pasos máis importantes: 

colocar a placa da botonera e os botóns. 

E xa estamos no último paso:
colocar as rodas!
Unha vez rematado o proceso, o alumnado puido comprobar o resultado do seu esforzo. 
E con moita ilusión e imaxinación  executaron as secuencias de movemento para desfrutar "escornaboteando".