martes, 14 de febreiro de 2023

"MUSICAR O MAR" ( 3º E.P.)

O 14 de febreiro, o alumnado de 3º E.P. desfrutou da actividade "Musicar o mar", guiada por Aurelia, coordinadora de Biblioteca Creativa. Elaboraron un piano con Scrath, Makey-Makey, pinzas de crocodilo e froitas. 


Aquí tedes o resultado:

venres, 10 de febreiro de 2023

XORNADA DE FORMACIÓN DE BIBLIOTECA CREATIVA 2022-23

O 10 de febreiro celebrouse na Escola Galega de Administración Pública ( EGAP) a Xornada de formación de Biblioteca Creativa 2022/23.

Do noso centro asistiu Aurelia, directora, compoñente do equipo de biblioteca e coordinadora da actividade. 

Premendo na imaxe, accederás á información de todas as actividades realizadas nesta xornada. 

martes, 7 de febreiro de 2023

"MUSICAR O MAR" ( 4º E.P.)

O martes 7 de febreiro, os nenos e nenas de 4º E.P., guiados por Aurelia, coordinadora de Biblioteca Creativa,  elaboraron un piano con Scratch, Makey-Makey, pinzas de crocodilo e froitas.
 A actividade realizouse en dúas sesións. 
Aquí tedes o resultado: