O alumnado de 6º de primaria participou nunha actividade de robótica centrada na convivencia e na resolución de conflitos 🤖💬
Cada equipo programou o robot para chegar a unha casilla cun número escollido. Detrás de cada número agochábase unha situación de conflito que podían atopar no seu día a día. A partir de aí, tiveron que analizar o problema, dialogar e propoñer diferentes solucións, poñendo en práctica estratexias de resolución pacífica de conflitos.
Con esta actividade traballamos a cooperación, a reflexión, a toma de decisións e a educación emocional, combinando a robótica educativa cunha aprendizaxe significativa e moi motivadora.
Aprender a convivir tamén pode ser un gran reto… e os nosos robots axudáronnos a conseguilo! ✨

