sábado, 8 de xuño de 2024
FORMACIÓN EN IMPRESIÓN 3D con 4º de Educación Primaria
Formación en impresión 3D: 3º E.P.
Hoxe empezamos a prepararnos xa para o curso que vén! Traballamos coas nosas monitoras da empresa ALLNET para aprender a deseñar e imprimir en 3D. Ao principio parecíanos difícil, pero agora xa sabemos deseñar as nosas creacións utilizando as aplicacións máis axeitadas. O seguinte curso agárdannos moitas novidades!
xoves, 4 de maio de 2023
FORMACIÓN IMPRESORA 3D ( 4º-5º E.P.)
Coa idea de sacarlle o máximo partido á nosa impresora 3D, o alumnado de 4º e 5º E.P. tiveron un curso de formación de Impresión e Deseño 3D impartido por Cati Gost Perelló e Carmela Salguero López da Maker Store de Carballo.
A actividade desenvolveuse na biblioteca este mércores, 4 de maio, no seguinte horario: 5º E.P.: de 10.00 a 11.30h; 4º E.P.: de 11.30 a 13.00h.
5º E.P.
martes, 29 de marzo de 2022
FORMACIÓN IMPRESORA 3D
Desde a biblioteca, todos os anos levamos a cabo un PFPP ( Plans de Formación Permanente do Profesorado).
Participa nesta formación o equipo de biblioteca, tres mestres especialistas ( E.F., Inglés e A.L.) e a mestra de 6º Ed. Infantil.
O curso pasado iniciamos a nosa andadura no proxecto "Biblioteca Creativa". Este ano solicitamos a continuidade no proxecto e coa asignación económica que nos deron mercamos unha impresora 3D.
O 24 e 29 de marzo tivemos formación sobre IMPRESORA 3D impartida por Marta Diz Alonso. A actividade desenvolveuse na biblioteca.
Xoves, 24 de marzo ( 3 horas)
Martes, 29 de marzo ( 2 horas)
-
Acabamos de abrir un novo envío que contiña unha sorpresiña. Cantas cousas imos crear con estas ferramentas! Deixamos a ligazón permanente...
-
Os nenos e nenas de Educación Infantil convertéronse en auténticos exploradores do mundo animal! 🐾🤖 A través de códigos QR escaneados c...
-
QUE ARTISTAS TEMOS! Dado que decidimos adicar no centro o día do libro a Robinson Crusoe, propúxose que, en cada clase, elixiran un fragmen...


