luns, 12 de maio de 2025

Próximas actividades

 

VÉÑENSE MARABILLAS! 


Dentro de pouco, sairán á luz os traballos realizados polo alumnado do centro empregando diversos recursos, dende o Chroma ata a impresora 3D e a cortadora e grabadora láser.

Non é porque sexan alumnos do cole pero...son os mellores!

SPOILER: quedaremos abraiados cos resultados!

 



 

mércores, 23 de abril de 2025

Recreo

OS RECREOS, MOMENTOS PARA DEIXAR VOAR A IMAXINACIÓN

 

Preguntádesvos a que soan os nosos recreos? 

Pois está a clarísimo: a diversión, imaxinación, construción, conversas, cooperación... Soan a felicidade ó mesmo tempo que se preparan para a vida 😍😍😍



 


luns, 7 de abril de 2025

Premio competición da competición dos avións de papel

 

GAÑADOR Ó MELLOR FLASHAVIÓN DE PAPEL


Anxo, o creador do avión de papel máis óptima da escola, por fin puido crear el mesmo o seu premio.

Podía elixir entre realizar algo coa impresora 3D ou a cortadora e grabadora láser e decantouse por esta última.

 

 Optou por realizar un chaveiro reflexando unhas das súas paixóns: o Real Club Deportivo de A Coruña.

Hai que dicir que quedou fantástico!

 


 


 


luns, 31 de marzo de 2025

Kapla


EFECTO DOMINÓ CO KAPLA 


Podemos ter alumnos máis persistentes e implicados?

O mellor deste vídeo é a aprendizaxe que sacaron: que tiñan que xuntar máis as pezas. Descubriron o segredo da vida: aprender dos erros para mellorar.

 


 

 

 


 

luns, 17 de marzo de 2025

Formación robótica

DE ROBOTS VAI A COUSA

 

Que fixemos hoxe no cole? Pois aprender xogando.

A empresa Dismedia ofreceu a todos os alumnos formación nos diversos materiais que chegaron ó cole este ano relacionados con programación e robótica.

A través destas aprendizaxes desenvolveron o pensamento computacional, moi útil para desenvolver habilidades cognitivas como a resolución de problemas, o pensamento crítico e a creatividade, todas cualidades moi útiles para acadar o éxito no século XXI.

No cole non só nos preocupamos de que os alumnos adquiran coñecementos, se non tamén de desenvolver outras competencias e habilidades que lles serán moi útiles no súa vida en sociedade.

E que mellor que aprender todo isto con diversión. Vos mesmos o podemos comprar con estas imaxes e vídeos.

 

Que alegría, que alboroto e que felicidade! 














xoves, 13 de marzo de 2025

Scratch

CREANDO XOGOS

 

Esta tarde, ós alumnos de 3º e 4º EP plantexóuselles unha misión: crear un escenario con persoaxes que se moveran utilizando Scratch (un programa informático de programación)

As súas caras e risos o din todo 😎

Sairon creacións moi chulas e traballaron en equipo, un dos valores que consideramos prioritarios dende o centro.

Ide poñende a traballar as vosas cabeciñas porque pronto chegarán novas misións que deberedes resolver.

 

 



 

 

xoves, 27 de febreiro de 2025

Destreza e creatividade

O FLASHAVIÓN DE PAPEL

 O 25 de febreiro levouse a cabo unha competición entre os alumno do centro que consistía en crear o avión de papel que máis lonxe chegara.

A participación foi positivamente abrumadora. O mellor de todo é a colaboración que había entre os alumnos, pois algúns sabían facer os avións pero outros non. Esa cooperación... marabilla!

 

Á vista está que non só os nenos aprenden de nós. A nós tamén non poden aportar ensinanzas moi valiosas.