luns, 17 de marzo de 2025

Formación robótica

DE ROBOTS VAI A COUSA

 

Que fixemos hoxe no cole? Pois aprender xogando.

A empresa Dismedia ofreceu a todos os alumnos formación nos diversos materiais que chegaron ó cole este ano relacionados con programación e robótica.

A través destas aprendizaxes desenvolveron o pensamento computacional, moi útil para desenvolver habilidades cognitivas como a resolución de problemas, o pensamento crítico e a creatividade, todas cualidades moi útiles para acadar o éxito no século XXI.

No cole non só nos preocupamos de que os alumnos adquiran coñecementos, se non tamén de desenvolver outras competencias e habilidades que lles serán moi útiles no súa vida en sociedade.

E que mellor que aprender todo isto con diversión. Vos mesmos o podemos comprar con estas imaxes e vídeos.

 

Que alegría, que alboroto e que felicidade! 














Ningún comentario:

Publicar un comentario