mércores, 12 de maio de 2021

INICIACIÓN A PROXECTOS STEAM NA BIBLIOTECA ESCOLAR ( 1º SESIÓN)

Este curso escolar entramos a formar parte no proxecto Biblioteca Creativa promovido pola Asesoría de Bibliotecas Escolares. 

O equipo de biblioteca creou un PFPP con esta temática para ir poñéndose ao día coa intención de crear, para o vindeiro curso escolar, un "espazo fedelleiro" na nosa biblioteca. 


As 10 horas de formación cubríronse cun obradoiro de tres sesións "Iniciación a proxectos STEAM na biblioteca escolar",da man dunha das maiores expertas neste campo, Paola Guimeráns.

SESIÓN 1 ( 12 de maio)

-  Movemento Maker e educación STEM e STEAM. 

- Makerspaces e bibliotecas: A biblioteca escolar do século XXI.

- Actividade: circuitos e papel.

O equipo de biblioteca construíu circuitos sobre papel utilizando adhesivo de cobre, unha batería e luces leds.

Ningún comentario:

Publicar un comentario