mércores, 26 de maio de 2021

INICIACIÓN A PROXECTOS STEAM NA BIBLIOTECA ESCOLAR ( 3º SESIÓN)

 SESIÓN 3 ( 26 de maio)

- Como traballar STEAM na biblioteca?

- Actividade práctica: E- Textiles 


Na última sesión de formación, o equipo de biblioteca creou cadanseu anteface. Utilizaron trozos de feltro de distintas cores, no que construíron un circuito, utilizando fío condutor para coser e engadiron luces leds e adornos.



Aquí tedes o resultado final😍
Foi un enorme pracer ter a Paola Guimeráns na nosa biblioteca. 
Os primeiros pasos dun camiño que queremos continuar...
 Moitas grazas por tanto, por todo!

Ningún comentario:

Publicar un comentario