RECICLANDO COS ESCORNABOTS
A clase de 6º EP leva traballando todo o curso a reciclaxe.
Para facelo máis divertido, a súa titora preparoulles un xogo de robótica co que desfrutar á par que puxeron en práctica os coñecementos adquiridos.
RECICLANDO COS ESCORNABOTS
A clase de 6º EP leva traballando todo o curso a reciclaxe.
Para facelo máis divertido, a súa titora preparoulles un xogo de robótica co que desfrutar á par que puxeron en práctica os coñecementos adquiridos.
PRESENTACIÓNS OFICIAIS
Os nenos de infantil coñeceron a Earl 2!
Desfrutaron coas súas cores, os seus movementos e iniciáronse na programación. Uns campeóns temos no cole.
Acaban de chegar outros amiguiñ@s ó centro que estamos seguros de que tamén lles encantarán!
TEMOS UNHAS ARTISTAS NO COLE? SÍ, ÁS MELLORES
As nenas de 5º de educación primaria reproduciron coas pezas do Kapla o Coliseo Romano.
Combinaron cultura, imaxinación, creatividade, esforzo e traballo en equipo para lograr facer esta maravilla.
Seredes capaces de recrear as 7 maravillas de mundo? Comprobarémolo!
Temos xoguetes novos na oficina!
E que mellor xeito de estrenalo que combinalo coa aprendizaxe.
Neste caso, a clase de 4º de educación primaria empregou as placas fotovoltaicas para comprender mellor o concepto de enerxías renovables.
Que maravilla aprender así!
Hoxe empezamos a prepararnos xa para o curso que vén! Traballamos coas nosas monitoras da empresa ALLNET para aprender a deseñar e imprimir en 3D. Ao principio parecíanos difícil, pero agora xa sabemos deseñar as nosas creacións utilizando as aplicacións máis axeitadas. O seguinte curso agárdannos moitas novidades!
Pechando este mes de maio o alumnado de 6º de EP achegouse a unha das obras máis coñecidas e singulares de Luísa Villalta: a súa creación "Papagaio". A actividade, realizada cos materiais de polos creativos, consistía en emparellar poemas e imaxe, coas xa coñecidas fotografías de Maribel Longueira. Despois de profundizar nas palabras, aquí queda unha mostra do seu traballo.