venres, 29 de novembro de 2024

Placas fotovoltaicas

Temos xoguetes novos na oficina!

E que mellor xeito de estrenalo que combinalo coa aprendizaxe.

Neste caso, a clase de 4º de educación primaria empregou as placas fotovoltaicas para comprender mellor o concepto de enerxías renovables.

Que maravilla aprender así!

 



sábado, 8 de xuño de 2024

FORMACIÓN EN IMPRESIÓN 3D con 4º de Educación Primaria

Durante esta semana estivemos aprendendo a utilizar mellor os recursos da biblioteca. As monitoras de AllNet viñeron mostrar como utilizar as aplicacións que teñen como finalidade deseñar modelos en 3 dimensións para logo imprimilos cos recursos dos que dispoñemos na nosa biblioteca. Pasámolo moi ben, aprendemos moitísimo e estamos preparados para comezar o curso que vén con novas experiencias!

Formación en impresión 3D: 3º E.P.

 Hoxe empezamos a prepararnos xa para o curso que vén! Traballamos coas nosas monitoras da empresa ALLNET para aprender a deseñar e imprimir en 3D. Ao principio parecíanos difícil, pero agora xa sabemos deseñar as nosas creacións utilizando as aplicacións máis axeitadas. O seguinte curso agárdannos moitas novidades!



mércores, 15 de maio de 2024

RE-COMPOÑENDO "O PAPAGAIO"

 Pechando este mes de maio o alumnado de 6º de EP achegouse a unha das obras máis coñecidas e singulares de Luísa Villalta: a súa creación "Papagaio". A actividade, realizada cos materiais de polos creativos, consistía en emparellar poemas e imaxe, coas xa coñecidas fotografías de Maribel Longueira. Despois de profundizar nas palabras, aquí queda unha mostra do seu traballo. 



venres, 8 de marzo de 2024

INVESTIGANDO AS ESTRELAS ( DÍA INTERNACIONAL DA MULLER)

 O venres, 8 de marzo, celebramos o Día Internacional da Muller, para lembrar que aínda existen no mundo moitos casos de desigualdade nos que as mulleres son as prexudicadas. 

En moitos casos, non se fala da relevancia das mulleres no mundo da ciencia e da investigación, e por iso hoxe, por iniciativa de "Polos Creativos", desenvolvemos diversas actividades para achegarnos máis a todas elas. 

O lema é "INVESTIGANDO AS ESTRELAS".

Participou na actividade o alumnado de Infantil e Primaria. Premendo en cada unha das imaxes, accederás ás fotos da actividade. 
INFANTIL

1º2º E.P.

3º E.P.

5º E.P.

6º E.P.