martes, 25 de novembro de 2025

6º de Primaria convértese en laboratorio de científicas! 🧪✨

 

Hoxe, con motivo da conmemoración do mes da ciencia, o alumnado de 5º de Primaria embarcouse nunha actividade fascinante: viaxar polo mundo da ciencia da man de mulleres extraordinarias que cambiaron a historia cos seus descubrimentos e logros.

Os nenos, por grupos, escolleron unha científica importante e puxéronse mans á obra para investigar sobre a súa vida, coñecer as súas achegas e elaborar un pequeno resumo co máis destacado do seu traballo. Así, descubrimos historias cheas de esforzo, curiosidade e superación.

As protagonistas desta actividade foron nada menos que:

🔬 Marie Curie, pioneira no estudo da radioactividade
🧬 Rosalind Franklin, clave para descubrir a estrutura do ADN
🚀 Valentina Tereshkova, a primeira muller en viaxar ao espazo
🐒 Jane Goodall, recoñecida polos seus estudos sobre os chimpancés
🧮 Katherine Johnson, imprescindible para as misións espaciais da NASA

Pero o máis divertido chegou despois… 🎨👏

Coa información recollida, o alumnado creou unhas fantásticas figuras de plastilina, representando tanto ás científicas como os seus descubrimentos máis coñecidos. Houbo planetas, foguetes, moléculas, microscopios… e moitísima creatividade!

Con esta actividade conseguimos:

🌟 Aprender sobre grandes mulleres da ciencia
🔍 Desenvolver habilidades de investigación e síntese
🎨 Mesturar coñecemento e arte dun xeito moi orixinal
💪 Visibilizar referentes femininos que inspiran ás novas xeracións

O resultado foi espectacular: unha exposición chea de cor, talento e orgullo polo traballo ben feito.

Parabéns ao alumnado de 6º por este proxecto tan inspirador! 👩‍🔬💙

 

 






 

luns, 15 de setembro de 2025

Creando en 3D

Voltamos ó cole!!!

Os nenos atopáronse con algunhas sorpresiñas, como o lapis 3D. 

Pasan moitos recreos facendo o que se lles ocorre con eles. 

Encántanlles!!! E a nós tamén que os empreguen, porque ademais da destreza motriz, desenvolven a imaxinación e a organización do traballo.

 



 

venres, 11 de xullo de 2025

LAPIS 3D

 Acabamos de abrir un novo envío que contiña unha sorpresiña. Cantas cousas imos crear con estas ferramentas! Deixamos a ligazón permanente na columna da dereita para que poidas acceder cando o precises.



mércores, 25 de xuño de 2025

A NOSA PELÍCULA DE ROBINSON CRUSOE!

QUE ARTISTAS TEMOS! 


Dado que decidimos adicar no centro o día do libro a Robinson Crusoe, propúxose que, en cada clase, elixiran un fragmento do libro en cuestión e fixeran a súa versión do mesmo.

Para levalo a cabo, a maioría das aulas empregaron o Chroma. 

En canto teñamos o vídeo completo, subirémolo aquí todo xunto. Polo de agora, vai en tramos.

  

 


 



venres, 20 de xuño de 2025

Recordo lector

CHEGARON AS MARABILLAS! 


Aquí podedes ver unha pequena mostra dos recordos lectores que deseñaron ou elixiron os alumnos participantes nesta actividade.

É unha vógoa que non os poidades ver todos porque eran incribles! Pero os seus donos querían levalos para a casa canto antes para formar parte da súa habitación.

 

 



mércores, 4 de xuño de 2025

NOVOS RECURSOS

Xa chegaron os novos robots á biblioteca: ESCORNABOT, TALEBOT e VINCIBOT. Lembra cales son as normas de utilización e comeza a utilizalos na biblioteca.

   


 Así se aprende: colaborando e disfrutando mentres coidamos do material.


martes, 3 de xuño de 2025

"TRASTEXANDO" COS ROBOTS! 


Chegaron novos robots ó centro e, por supostísimo, había que probalos nalgunha actividade. 

Eso fixeron as clases de educación infantil. A mestra Nerea organizou actividades para que todos puideran facer uso deles. 

A diversión estaba máis que asegurada!