xoves, 27 de febreiro de 2025

Destreza e creatividade

O FLASHAVIÓN DE PAPEL

 O 25 de febreiro levouse a cabo unha competición entre os alumno do centro que consistía en crear o avión de papel que máis lonxe chegara.

A participación foi positivamente abrumadora. O mellor de todo é a colaboración que había entre os alumnos, pois algúns sabían facer os avións pero outros non. Esa cooperación... marabilla!

 

Á vista está que non só os nenos aprenden de nós. A nós tamén non poden aportar ensinanzas moi valiosas.

 

 
 

 
 
 



 

 

martes, 18 de febreiro de 2025

EMOCIÓNS E ARTE

 AS EMOCIÓNS, ESE GRAN TABÚ

Preguntástesvos algunha vez se realmente comprendedes e expresades adecuadamente as vosas emocións?

Neste aspectos están a traballar @s alumn@s de 6º de educación primaria.

Eles afirman que, en ocasións, lles costa moito falar do se sinten. Por ese motivo, e dado que é MOI IMPORTANTE comunicar o que se sente, están aprendendo a expresalo empregando o arte.

Neste caso, utilizáronse as pinturas e a prensa escrita para crear estas obras de arte.

Cada alumno elixiu unha emoción e expresouna usando, unicamente, recortes de xornais e revistas que eles mesmos buscaron.

Estas son só algunhas das grandes obras de arte que crearon. Pronto estarán todas expostas e farase con máis cursos.

 

 


 

domingo, 9 de febreiro de 2025

Lego

OUTRO XOGUETE MÁIS PARA A BIBLIO (E PARA VÓS)!

Non se pode ter máis sorte, ou sí.

Desenvolver o pensamento diverxente, adquirir estratexias de traballo colaborativo, descubrir que o esforzo da os seus frutos ó mesmo tempo que aprende e me divirto? Sí rapaciñ@s, sí, é posible e fantástico!

Que alegría ver a vosa evolución!

Pasastes de facer pequenas construcións e empregar os elementos do kit de Lego para pasear ó can pola biblio, a crear incribles estruturas.

Non deixades de sorprendernos, para ben, por suposto.

 


            





 

martes, 28 de xaneiro de 2025

Reciclaxe

 

RECICLANDO COS ESCORNABOTS

 

A clase de 6º EP leva traballando todo o curso a reciclaxe.

Para facelo máis divertido, a súa titora preparoulles un xogo de robótica co que desfrutar á par que puxeron en práctica os coñecementos adquiridos.

 


 




venres, 17 de xaneiro de 2025

Earl 2

 

PRESENTACIÓNS OFICIAIS


Os nenos de infantil coñeceron a Earl 2! 

Desfrutaron coas súas cores, os seus movementos e iniciáronse na programación. Uns campeóns temos no cole.

Acaban de chegar outros amiguiñ@s ó centro que estamos seguros de que tamén lles encantarán!

 


 

domingo, 12 de xaneiro de 2025

Xogo Kapla

TEMOS UNHAS ARTISTAS NO COLE? SÍ, ÁS MELLORES

As nenas de 5º de educación primaria reproduciron coas pezas do Kapla o Coliseo Romano.

Combinaron cultura, imaxinación, creatividade, esforzo e traballo en equipo para lograr facer esta maravilla.

Seredes capaces de recrear as 7 maravillas de mundo? Comprobarémolo!



venres, 29 de novembro de 2024

Placas fotovoltaicas

Temos xoguetes novos na oficina!

E que mellor xeito de estrenalo que combinalo coa aprendizaxe.

Neste caso, a clase de 4º de educación primaria empregou as placas fotovoltaicas para comprender mellor o concepto de enerxías renovables.

Que maravilla aprender así!