venres, 8 de marzo de 2024

INVESTIGANDO AS ESTRELAS ( DÍA INTERNACIONAL DA MULLER)

 O venres, 8 de marzo, celebramos o Día Internacional da Muller, para lembrar que aínda existen no mundo moitos casos de desigualdade nos que as mulleres son as prexudicadas. 

En moitos casos, non se fala da relevancia das mulleres no mundo da ciencia e da investigación, e por iso hoxe, por iniciativa de "Polos Creativos", desenvolvemos diversas actividades para achegarnos máis a todas elas. 

O lema é "INVESTIGANDO AS ESTRELAS".

Participou na actividade o alumnado de Infantil e Primaria. Premendo en cada unha das imaxes, accederás ás fotos da actividade. 
INFANTIL

1º2º E.P.

3º E.P.

5º E.P.

6º E.P.

martes, 6 de febreiro de 2024

Xornadas de Biblioteca Creativa

 

Durante o día de onte Aurelia, en representación do noso centro, participou na Xornada de Biblioteca Creativa celebrada na EGAP de Santiago de Compostela. Ademais de asistir ás comunicacións programadas, participou no obradoiro de collage con e-téxtiles. Aquí tedes unha pequena mostra do traballo feito. 



luns, 15 de xaneiro de 2024

OBRADOIRO DE CROCHET. Proxecto 1: PUNTOS DE LECTURA

Iniciamos o 2º trimestre cun Obradoiro de Crochet realizado por Susana, coordinadora da Biblioteca, para o alumnado de Primaria. A actividade realízase na biblioteca os luns e venres de 13.45 a 14.15h. 




PROXECTO 1: PUNTOS DE LECTURA

Para ver máis fotos, preme na imaxe. 

luns, 18 de decembro de 2023

VIVENDA CASTREXA ( 6º E.P.)


No mes de decembro, o alumnado de 6º E.P., guiados por Aurelia, coordinadora de Biblioteca Creativa, elaborou unha vivenda galaica con materiais téxtiles, papel, led, portapilas cosibles e fío condutivo ( E- Téxtil).

A actividade desenvolveuse na biblioteca.