xoves, 4 de maio de 2023

FORMACIÓN IMPRESORA 3D ( 4º-5º E.P.)

Coa idea de sacarlle o máximo partido á nosa impresora 3D, o alumnado de 4º e 5º E.P. tiveron un curso de formación de Impresión e Deseño 3D impartido por Cati Gost Perelló e Carmela Salguero López da Maker Store de Carballo. 

A actividade desenvolveuse na biblioteca este mércores, 4 de maio, no seguinte horario: 5º E.P.: de 10.00 a 11.30h;  4º E.P.: de 11.30 a 13.00h. 

5º E.P.

4º E.P.


martes, 25 de abril de 2023

"NAVEGAR O MAR " ( 2º E.P.)


O martes, 25 de abril, os nenos e nenas de 2º E.P., guiados por Aurelia, coordinadora de Biblioteca Creativa, decoraron un barco cun circuito eléctrico elaborado con plastilina condutiva, unha batería de petaca, pinzas de crocodilo e LED





martes, 18 de abril de 2023

"NAVEGAR O MAR" ( 1º E.P.)

O martes, 18 de abril, os nenos e nenas de 1º E.P. guiados por Aurelia, coordinadora de Biblioteca Creativa, decoraron un barco cun circuito eléctrico elaborado con plastilina condutiva, unha batería de petaca, pinzas de crocodilo e LEDs.

venres, 14 de abril de 2023

"NAVEGAR O MAR"

Aurelia, directora do centro, compoñente do equipo de biblioteca e coordinadora de "Biblioteca Creativa", proponnos para este terceiro trimestre unha actividade relacionada co PDI "Amar o mar" titulada:

"NAVEGAR O MAR"

Premendo na imaxe, accederás á proposta 👍

martes, 14 de febreiro de 2023

"MUSICAR O MAR" ( 3º E.P.)

O 14 de febreiro, o alumnado de 3º E.P. desfrutou da actividade "Musicar o mar", guiada por Aurelia, coordinadora de Biblioteca Creativa. Elaboraron un piano con Scrath, Makey-Makey, pinzas de crocodilo e froitas. 


Aquí tedes o resultado:

venres, 10 de febreiro de 2023

XORNADA DE FORMACIÓN DE BIBLIOTECA CREATIVA 2022-23

O 10 de febreiro celebrouse na Escola Galega de Administración Pública ( EGAP) a Xornada de formación de Biblioteca Creativa 2022/23.

Do noso centro asistiu Aurelia, directora, compoñente do equipo de biblioteca e coordinadora da actividade. 

Premendo na imaxe, accederás á información de todas as actividades realizadas nesta xornada. 

martes, 7 de febreiro de 2023

"MUSICAR O MAR" ( 4º E.P.)

O martes 7 de febreiro, os nenos e nenas de 4º E.P., guiados por Aurelia, coordinadora de Biblioteca Creativa,  elaboraron un piano con Scratch, Makey-Makey, pinzas de crocodilo e froitas.
 A actividade realizouse en dúas sesións. 
Aquí tedes o resultado: