mércores, 16 de novembro de 2022

"ALUMEAR O MAR" ( 4º E.P.)

Os nenos e nenas de 4º E.P., guiados por Aurelia, coordinadora de Biblioteca Creativa, elaboraron un faro con MATERIAIS TÉXTILES E ILUMINACIÓN LED ( E- TÉXTIL).

A actividade desenvolveuse en dúas sesións ( 8 e 16 de novembro).

8 DE NOVEMBRO
Para ver máis fotos da actividade, preme na imaxe.
16 DE NOVEMBRO
Para ver máis fotos da actividade, preme na imaxe.

luns, 24 de outubro de 2022

CALENDARIO ACTIVIDADE "ALUMEAR O MAR"

A actividade, guiada por Aurelia, coordinadora de Biblioteca Creativa, desenvolverase nas aulas, os martes, de  12.10h a 13.00h

"ALUMEAR O MAR "

Aurelia, directora do centro, compoñente do equipo de biblioteca  e coordinadora de Biblioteca Creativa, proponnos para este primeiro trimestre unha actividade relacionada co PDI "Amar o mar" titulada "ALUMEAR O MAR"

Premendo na imaxe, accederás á proposta

venres, 20 de maio de 2022

APROVISIONÁNDONOS PARA O VINDEIRO CURSO ESCOLAR

Aurelia, coordinadora do proxecto "Biblioteca Creativa", fixo unha nova compra de materiais para o recuncho STEAM do vindeiro curso escolar no que os nenos e nenas, poderán desfrutar aprendendo coas novas tecnoloxías.

venres, 8 de abril de 2022

RECREOS NA BIBLIO



No espazo fedelleiro da biblioteca está, entre outros, o recuncho de Biblioteca Creativa

Nos recreos da mañá o alumnado achégase para fedellar e divertirse cos escornabots. 


Aquí tedes un resumo do 2º trimestre.

ESCORNABOTS NO BARROCO

O alumnado de 4º E.P. deseñou e creou un taboleiro para os Escornabots que trata sobre o Barroco, estilo artístico escollido para traballar este curso no PDI "E ti que pintas?"

Hai dous pequenos visitantes na aula de 4º que lles van axudar, de xeito diferente, ameno e divertido a repasar o aprendido: pintores, obras e escolas do Barroco.
Premendo na imaxe, accederás ás fotos da realización do taboleiro. 

luns, 4 de abril de 2022

ReCreo STEAM

No mes de marzo, houbo un obradoiro de STEAM na biblioteca impartido por Aurelia, a nosa directora, compoñente do equipo de biblioteca e coordinadora de Biblioteca Creativa. 

STEAM é o acrónimo de Ciencia, Tecnoloxía, Inxeñería, Arte e Matemáticas. Integra habilidades claves na educación do século XXI: Pensamento Crítico, Comunicación, Colaboración e  Creatividade. 


A actividade tivo carácter voluntario e realizouse nos recreos da mañá, na biblioteca. 

Premendo en cada unha das  imaxes, accederás á actividade realizada por cada curso.
1º2º E.P.
3º E.P.
4º E.P.
5º E.P.
6º E.P.
Fixeron a actividade na aula relacionándoa co PDI.
Obra: "O fusilamento do 2 de maio" ( Goya)