venres, 28 de maio de 2021

ENREDANDO CO ESCORNABOT( 6º E.P.)

Chegou a quenda do alumnado de 6º. Aquí están na biblioteca coa mestra Bea, aprendendo e desfrutando cos Escornabots.

mércores, 26 de maio de 2021

INICIACIÓN A PROXECTOS STEAM NA BIBLIOTECA ESCOLAR ( 3º SESIÓN)

 SESIÓN 3 ( 26 de maio)

- Como traballar STEAM na biblioteca?

- Actividade práctica: E- Textiles 


Na última sesión de formación, o equipo de biblioteca creou cadanseu anteface. Utilizaron trozos de feltro de distintas cores, no que construíron un circuito, utilizando fío condutor para coser e engadiron luces leds e adornos.



Aquí tedes o resultado final😍
Foi un enorme pracer ter a Paola Guimeráns na nosa biblioteca. 
Os primeiros pasos dun camiño que queremos continuar...
 Moitas grazas por tanto, por todo!

martes, 25 de maio de 2021

luns, 24 de maio de 2021

ENREDANDO CO ESCORNABOT ( 1º-2º E.P.)

A mestra Bea, compoñente do equipo de biblioteca e coordinadora da actividade, explica o funcionamento dos Escornabots ao alumnado de 1º e 2º E.P. na biblioteca no recreo da mañá. 

mércores, 19 de maio de 2021

INICIACIÓN A PROXECTOS STEAM NA BIBLIOTECA ESCOLAR ( 2º SESIÓN)

SESIÓN 2 ( 19 de maio)

- Aprendizaxe baseado en Proxectos con Makey Makey e Scrath.
- Actividade práctica: Contos interactivos na biblioteca.
Un obradoiro para aprender creando, manipulando...experimentando coa tecnoloxía e gozando ao mesmo tempo que aprendemos.

venres, 14 de maio de 2021

ESCORNABOTS NA BIBLIOTECA


Na semana do 24 ao 28 de maio, a mestra Bea, coordinadora da actividade, explicará ao alumnado de 1º-2º, 3º, 4º e 6ºEP. o funcionamento dos Escornabots na biblioteca en horario de recreo.

mércores, 12 de maio de 2021

INICIACIÓN A PROXECTOS STEAM NA BIBLIOTECA ESCOLAR ( 1º SESIÓN)

Este curso escolar entramos a formar parte no proxecto Biblioteca Creativa promovido pola Asesoría de Bibliotecas Escolares. 

O equipo de biblioteca creou un PFPP con esta temática para ir poñéndose ao día coa intención de crear, para o vindeiro curso escolar, un "espazo fedelleiro" na nosa biblioteca. 


As 10 horas de formación cubríronse cun obradoiro de tres sesións "Iniciación a proxectos STEAM na biblioteca escolar",da man dunha das maiores expertas neste campo, Paola Guimeráns.

SESIÓN 1 ( 12 de maio)

-  Movemento Maker e educación STEM e STEAM. 

- Makerspaces e bibliotecas: A biblioteca escolar do século XXI.

- Actividade: circuitos e papel.

O equipo de biblioteca construíu circuitos sobre papel utilizando adhesivo de cobre, unha batería e luces leds.