EFECTO DOMINÓ CO KAPLA
Podemos ter alumnos máis persistentes e implicados?
O mellor deste vídeo é a aprendizaxe que sacaron: que tiñan que xuntar máis as pezas. Descubriron o segredo da vida: aprender dos erros para mellorar.
EFECTO DOMINÓ CO KAPLA
Podemos ter alumnos máis persistentes e implicados?
O mellor deste vídeo é a aprendizaxe que sacaron: que tiñan que xuntar máis as pezas. Descubriron o segredo da vida: aprender dos erros para mellorar.
DE ROBOTS VAI A COUSA
Que fixemos hoxe no cole? Pois aprender xogando.
A empresa Dismedia ofreceu a todos os alumnos formación nos diversos materiais que chegaron ó cole este ano relacionados con programación e robótica.
A través destas aprendizaxes desenvolveron o pensamento computacional, moi útil para desenvolver habilidades cognitivas como a resolución de problemas, o pensamento crítico e a creatividade, todas cualidades moi útiles para acadar o éxito no século XXI.
No cole non só nos preocupamos de que os alumnos adquiran coñecementos, se non tamén de desenvolver outras competencias e habilidades que lles serán moi útiles no súa vida en sociedade.
E que mellor que aprender todo isto con diversión. Vos mesmos o podemos comprar con estas imaxes e vídeos.
Que alegría, que alboroto e que felicidade!
CREANDO XOGOS
Esta tarde, ós alumnos de 3º e 4º EP plantexóuselles unha misión: crear un escenario con persoaxes que se moveran utilizando Scratch (un programa informático de programación)
As súas caras e risos o din todo 😎
Sairon creacións moi chulas e traballaron en equipo, un dos valores que consideramos prioritarios dende o centro.
Ide poñende a traballar as vosas cabeciñas porque pronto chegarán novas misións que deberedes resolver.