O xoves, 14 de xaneiro, o alumnado de 5º E.P. tivo a segunda sesión de formación para completar os pasos para montar o escornabot.
A xuntanza foi na biblioteca coa mestra Bea, compoñente do equipo de biblioteca e coordinadora da actividade.
A sesión empezou cun dos pasos máis importantes:
colocar a placa da botonera e os botóns.
E xa estamos no último paso:
colocar as rodas!
Unha vez rematado o proceso, o alumnado puido comprobar o resultado do seu esforzo.
E con moita ilusión e imaxinación executaron as secuencias de movemento para desfrutar "escornaboteando".