xoves, 12 de novembro de 2020

MONTAXE DUN ESCORNABOT NA BIBLIOTECA ( 1ª SESIÓN)

O xoves, 12 de novembro, o alumnado de 5º E.P. tivo a súa primeira sesión de formación sobre a montaxe dun ESCORNABOT. 

A xuntanza foi na biblioteca, onde a mestra Bea, coordinadora da actividade, encamiñounos na construción do robot.  


O primeiro paso foi coñecer os materiais e as ferramentas...
E aquí empeza a aventura...
1. A mestra Bea, en pequenos grupos, mostrou como se soldan á placa base as resistencias e os botóns.

2. Utilizando o multímetro, comprobaron que os botóns están ben soldados.


3. Despois, comezaron a montar o chasis do escornabot, atornillando o soporte dos motores.

4. A continuación, chantan o soporte da batería.

5. Agora, toca atornillar o soporte da electrónica.

6. O chasis está casi completo, é hora de colocar o controlador.

7. Agora, atornillan o soporte da roda.

8.- Chega un dos pasos máis importantes: colocar a placa da botonera e os botóns.
CONTINUARÁ...