Desde a biblioteca, todos os anos levamos a cabo un PFPP ( Plans de Formación Permanente do Profesorado).
Participa nesta formación o equipo de biblioteca, tres mestres especialistas ( E.F., Inglés e A.L.) e a mestra de 6º Ed. Infantil.
O curso pasado iniciamos a nosa andadura no proxecto "Biblioteca Creativa". Este ano solicitamos a continuidade no proxecto e coa asignación económica que nos deron mercamos unha impresora 3D.
O 24 e 29 de marzo tivemos formación sobre IMPRESORA 3D impartida por Marta Diz Alonso. A actividade desenvolveuse na biblioteca.
Xoves, 24 de marzo ( 3 horas)
Martes, 29 de marzo ( 2 horas)