No obradoiro STEM realizaranse dúas actividades.
Alumnado de 1º a 5º E.P.
Aurelia, a directora do colexio e compoñente do equipo de biblioteca, comezou este curso a súa andaina como coordinadora de Biblioteca Creativa.
Fixo unha compra de materiais STEM porque a partir do xoves, 3 de marzo levará a cabo un obradoiro para o alumnado. A actividade realizarase na biblioteca nos recreos da mañá, de 11.50 a 12.10h.
O 4 de febreiro celebrouse na Escola Galega de Administración Pública ( EGAP) a Xornada de formación de Biblioteca Creativa 2021/22.
Do noso centro asistiu Aurelia, directora, compoñente do equipo de biblioteca e coordinadora da actividade.
Premendo na imaxe, accederás á información de todas as actividades realizadas nesta xornada.