venres, 13 de febreiro de 2026

Ebook de recetas de Entroido

Xa temos listo o noso ebook de receitas do Entroido! 

🎭🍽️📚

Con motivo do Entroido, convidamos ao alumnado e ás súas familias a compartir receitas típicas destas datas, elaboradas xuntos na casa e acompañadas, se querían, de fotos do proceso. O resultado é este libro cheo de tradición, sabor e momentos compartidos, que agora temos o pracer de presentarvos.

Queremos expresar o noso agradecemento ás familias que participaron, dedicando o seu tempo a cociñar cos seus fillos e fillas e a enviar as súas achegas. Sabemos que o ritmo diario non sempre facilita estas colaboracións, por iso valoramos especialmente a implicación nas actividades que fomentan o traballo e o desfrute en familia. Compartir experiencias coma esta axuda a fortalecer os vínculos e a manter vivas as nosas tradicións.

Agardamos que desfrutedes do ebook, que vos anime a preparar estas deliciosas receitas do Entroido e, sobre todo, a seguir creando recordos xuntos.

Feliz Entroido e bo proveito!

 


 


xoves, 27 de novembro de 2025

Pequenos científicos en Educación Infantil! 🧪🌈

O alumnado de Educación Infantil converteuse estes días en auténticos exploradores da ciencia cunha actividade chea de curiosidade, sorpresa e moita diversión.

A través de varios experimentos sinxelos, os nenos e nenas puideron observar, facer predicións e descubrir que… a ciencia está en todas partes!

Estes foron algúns dos experimentos que realizamos:

 

🌲 Experimento 1: Que pasa se deixamos unha piña en auga?

Ao mergullar unha piña en auga, vimos algo incrible: pechouse pouco a pouco!

Aprendemos que isto ocorre porque a piña se pecha para protexer as súas sementes cando hai humidade.

 

🚢 Experimento 2: Todas as cousas flotan?

Probamos diferentes obxectos e fixemos unha gran pregunta: flotan todos na auga?

O alumnado comprobou que algúns si… pero outros afúndense!
Un experimento perfecto para empezar a entender conceptos como o peso e os materiais



 

 🍊 Experimento 3: Flotan igual as mandarinas con e sen pela?

Aquí chegou unha das sorpresas máis divertidas!

Metemos mandarinas e laranxas na auga:

✅ con pela… flotaban!
❌ sen pela… afundían!

Descubrimos que a pela ten aire no seu interior e actúa como un pequeno “chaleco salvavidas”.

 


 

💧 Experimento 4: Podemos sacar unha mandarina dun vaso sen tirar auga?

Este reto encantou ao alumnado:
é posible sacar unha mandarina dun vaso cheo sen derramar nin unha soa gota?

Probando con moito coidado e observando o nivel da auga, aprenderon que os obxectos ocupan espazo e desprazan a auga cando entran ou saen.

 



Foi unha experiencia marabillosa na que os nenos e nenas desfrutaron aprendendo, facendo preguntas e descubrindo o mundo a través da experimentación.

Porque en Infantil… a ciencia tamén se aprende xogando! 🌟🧡


 


 

martes, 25 de novembro de 2025

5º de Primaria convértese en laboratorio de científicas! 🧪✨

 

Hoxe, con motivo da conmemoración do mes da ciencia, o alumnado de 5º de Primaria embarcouse nunha actividade fascinante: viaxar polo mundo da ciencia da man de mulleres extraordinarias que cambiaron a historia cos seus descubrimentos e logros.

Os nenos, por grupos, escolleron unha científica importante e puxéronse mans á obra para investigar sobre a súa vida, coñecer as súas achegas e elaborar un pequeno resumo co máis destacado do seu traballo. Así, descubrimos historias cheas de esforzo, curiosidade e superación.

As protagonistas desta actividade foron nada menos que:

🔬 Marie Curie, pioneira no estudo da radioactividade
🧬 Rosalind Franklin, clave para descubrir a estrutura do ADN
🚀 Valentina Tereshkova, a primeira muller en viaxar ao espazo
🐒 Jane Goodall, recoñecida polos seus estudos sobre os chimpancés
🧮 Katherine Johnson, imprescindible para as misións espaciais da NASA

Pero o máis divertido chegou despois… 🎨👏

Coa información recollida, o alumnado creou unhas fantásticas figuras de plastilina, representando tanto ás científicas como os seus descubrimentos máis coñecidos. Houbo planetas, foguetes, moléculas, microscopios… e moitísima creatividade!

Con esta actividade conseguimos:

🌟 Aprender sobre grandes mulleres da ciencia
🔍 Desenvolver habilidades de investigación e síntese
🎨 Mesturar coñecemento e arte dun xeito moi orixinal
💪 Visibilizar referentes femininos que inspiran ás novas xeracións

O resultado foi espectacular: unha exposición chea de cor, talento e orgullo polo traballo ben feito.

Parabéns ao alumnado de 5º por este proxecto tan inspirador! 👩‍🔬💙

 

 






 

luns, 15 de setembro de 2025

Creando en 3D

Voltamos ó cole!!!

Os nenos atopáronse con algunhas sorpresiñas, como o lapis 3D. 

Pasan moitos recreos facendo o que se lles ocorre con eles. 

Encántanlles!!! E a nós tamén que os empreguen, porque ademais da destreza motriz, desenvolven a imaxinación e a organización do traballo.

 



 

venres, 11 de xullo de 2025

LAPIS 3D

 Acabamos de abrir un novo envío que contiña unha sorpresiña. Cantas cousas imos crear con estas ferramentas! Deixamos a ligazón permanente na columna da dereita para que poidas acceder cando o precises.



mércores, 25 de xuño de 2025

A NOSA PELÍCULA DE ROBINSON CRUSOE!

QUE ARTISTAS TEMOS! 


Dado que decidimos adicar no centro o día do libro a Robinson Crusoe, propúxose que, en cada clase, elixiran un fragmento do libro en cuestión e fixeran a súa versión do mesmo.

Para levalo a cabo, a maioría das aulas empregaron o Chroma. 

En canto teñamos o vídeo completo, subirémolo aquí todo xunto. Polo de agora, vai en tramos.

  

 


 



venres, 20 de xuño de 2025

Recordo lector

CHEGARON AS MARABILLAS! 


Aquí podedes ver unha pequena mostra dos recordos lectores que deseñaron ou elixiron os alumnos participantes nesta actividade.

É unha vógoa que non os poidades ver todos porque eran incribles! Pero os seus donos querían levalos para a casa canto antes para formar parte da súa habitación.